
BIOGRAFÍA
TIRULEQUE nace como banda na Coruña en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas.

A partir de entón, o proxecto musical iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras moitas influencias e procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición. Dese xeito, o grupo conseguiu acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013), Outro que tal baila (2018) e Tiruleque, 20 anos no camiño (2022).




Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas, Intercéltico do Morrazo ou Beltaine -Avilés Intercélticu, entre outros. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera entre outros.

En 2022 o grupo celebra o 20 aniversario da súa formación coa edición dun novo traballo discográfico composto por unha coidada escolma do seus mellores temas e unha xira de concertos co mesmo nome: “TIRULEQUE, 20 ANOS NO CAMIÑO”.
